Sunday 05 de May de 2024

Alternativa denunciará os acordos plenarios de Sada que incumpren a lei


Os concelleiros tránsfugas e golpistas de Sada tardaron moi pouco en convocar un pleno para asignarse soldos e dietas para os seis meses durante os que van ocupar a Casa do Concello.

É alarmante que os técnicos que teñen que velar pola legalidade do Concello non informasen da improcedencia deste acordo por ser tránsfugas expulsados dos seus partidos. E máis alarmante é aínda que a secretaria municipal non comunicase ao pleno os dous escritos de expulsión presentados por Alternativa dos Veciños antes da moción de censura. A concelleira que traizoou a Alternativa comprou vontades a base de soldos, como estamos a ver agora, que pagará o pobo de Sada.

De todos os xeitos a intervención municipal advertiu que os soldos son ao cargo e non ás persoas e que terá que analizarse a situación dos tránsfugas ao estar expulsados dos partidos aos que traizoaron. Alternativa dos Veciños presentará as correspondentes denuncias ao amparo das leis que rexen as administracións locais.